O focense Emérito Fernández Cabaleiro disputa o Campionato de España de Montaña coa selección galega

Foz
AMariñaXa

O focense Emérito Fernández Cabaleiro participará o vindeiro 5 de maio no Campionato de España de Montaña en Paüls (Tarragona).

emerito fernandez
emerito fernandez
1 may 2024

O focense Emérito Fernández Cabaleiro participará o vindeiro 5 de maio no Campionato de España de Montaña en Paüls (Tarragona). O corredor volve participar na cita como parte da Selección Galega Absoluta sobre unha distancia de 34 quilómetros e +2400 positivos.

Entre os seus logros, Fernández conseguiu acabar entre os dez mellores na Traveserina, unha das carreiras de Trail máis reputadas entre os corredores de montaña pola súa dureza.