O torneo Randori Judo Lugo reúne a 180 deportistas en Ribadeo

AMariñaXa

O pavillón municipal de Ribadeo, situado na Avenida de Luarca, acollerá este sábado, día 11 de maio, o segundo Randori Judo Lugo, competición que contará con 180 participantes.

presentacion Randori Judo Lugo
presentacion Randori Judo Lugo
7 may 2024

O pavillón municipal de Ribadeo, situado na Avenida de Luarca, acollerá este sábado, día 11 de maio, o segundo Randori Judo Lugo, competición que contará con 180 participantes. Este evento deportivo está organizado por Judo Lugo, Concello de Ribadeo e Federación Galega de Judo e D.A.

O segundo Randori Judo Lugo disputarase nas categorías infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e minis. As competicións iniciaranse as 10.15 horas. Na presentación do evento participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o técnico municipal de Deportes, Iván López; e o director técnico do club Judo Lugo, Iván Carballeira.

O concelleiro de Deportes ribadense destaca que “eventos como este axudan á economía da vila porque atraen a moitas persoas, deportistas e acompañantes, que visitan Ribadeo con este motivo e despois volven noutras ocasións e ademais fan de embaixadores deste municipio. Estamos encantados de acoller eventos deste tipo nas nosas instalacións”.