Burela acolle a segunda edición do Campamento Musical Asuembu

AMariñaXa

O Concello de Burela acollerá, entre os días 27 e 30 de xuño, o 2° Campamento Musical Asuembu.

burela Campamento musical asuembu
burela Campamento musical asuembu
8 may 2024

O Concello de Burela acollerá, entre os días 27 e 30 de xuño, o 2° Campamento Musical Asuembu. Este campamento está orientado ás especialidades de corda fretada, piano e vento. A asociación de usuarios da Escola de Música local ASUEMBU organiza por segunda vez esta iniciativa, que culminará nun Gran Concerto Final na Casa da Cultura, coa colaboración do Concello. Está dirixida a maiores de 8 anos.

“Dende a área de Educación do Concello de Burela estamos encantados de colaborar con iniciativas deste tipo, sobre todo despois do éxito do pasado ano, que fai que se espere unha gran participación para este ano”, sinala o concelleiro Mario Pillado.

Os rapaces e rapazas, pequenos grandes músicos, desfrutarán das ensinanzas dos docentes, “así como tamén dos concertos e das actividades organizadas dentro do propio campamento”, afirma o edil.  As prazas son limitadas, e a inscrición deberá realizarse antes do 15 de maio. Terá un prezo de 150 euros, de 75 no caso dos socios, e no caso de varios irmáns ou irmás, o prezo será de 110 euros para a primeira inscrición e 75 euros para asegunda.

A presentación do campamento será o día 27 de xuño ás 15.00 no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. O 29 de xuño terá lugar un Concerto de Cámara ás 19.30 na Casa da Cultura. O Gran Concerto Final será ás 18.00 do 30 de xuño, domingo, tamén na Casa da Cultura. Para máis información sobre o campamento pódese contactar co número 644 894 714.