Pensamento e Sementeira inicia unha nova etapa coa primeira Foliada de Maio en Viveiro

AMariñaXa

O novo colectivo Pensamento e Sementeira estréase coa primeira Foliada de Maio en Viveiro.

pensamento_e_sementeira
pensamento_e_sementeira
10 may 2024

O novo colectivo Pensamento e Sementeira estréase coa primeira Foliada de Maio en Viveiro. A cita será este sábado no Conservatorio de Música de Viveiro a partir das 19.30 horas cando dará comezo o obradoiro de baile impartido por Ramón do Serrador.

A foliada iniciarase ás 21.00 horas. participarán Bágoas da terra, Saíñas, o Son do Sor, Cordenaia, As ferriñas os do 21 e Espera que vou mexar. A asociación acaba de renovar a súa directiva, encabezada por Xiana Naval como presidenta, e que trae consigo unha enerxía renovada para o futuro do colectivo. As persoas integrantes teñen a intención de promover unha ampla variedade de actividades que inclúan diferentes formas de  expresión cultural.