O proxecto de Alcoa para ampliar a balsa de lodos en San Cibrao, paralizado ata que firme a Xunta

AMariñaXa

O proxecto de Alcoa para ampliar a balsa de lodos do seu complexo en San Cibrao encóntrase paralizado ata que firme a Xunta de Galicia que lle pide a documentación para cambiar a consideración do seu produto a non perigoso.

7 may 2024

O proxecto de Alcoa para ampliar a balsa de lodos do seu complexo en San Cibrao encóntrase paralizado ata que firme a Xunta de Galicia que lle pide a documentación para cambiar a consideración do seu produto a non perigoso. Segundo informa o comité de empresa, tras manter unha reunión co Goberno autonómico, pedíronlle á compañía a análise de 21 parámetros e só presentaron 6 ata o momento.

Tal e como indican os traballadores, a empresa dará resposta á decisión de seguir adiante ou non coa caracterización de residuo perigoso, cun prazo de tres semanas, ou realizar as análises que levarían uns catro ou cinco meses. Actualmente o DBR ten autorización de construción ata cota 100 e solicitase a ampliación ata a cota 104. A empresa amosa o seu máximo interese para que se leve adiante a ampliación do DBR, pero o estudo que lle solicitan leva ese prazo e necesitan “esa aprobación canto antes”.

Dende a Xunta aseguran que a empresa non respondeu favorablemente ao que pide o organismo de Salud Pública que envíe ata sete informes. Segundo detallan,  a principios de abril mantense unha reunión con Alcoa e “informouse do que faltaba nas análises realizadas a principio de ano, poñendo en manifesto por parte do organismo de Saúde Pública que o número de mostras  das análises non era representativo co tamaño do DBR”.