A ampliación do embalse de lodos e o proceso de venta: comeza a conta atrás para Alcoa

AMariñaXa

O futuro de Alcoa continúa a ser incerto.

10 may 2024

O futuro de Alcoa continúa a ser incerto. Segundo informou o comité de empresa, na última reunión mantida o 18 de abril entre a Xunta e o Goberno non coñecían a compradores interesados na fábrica da Mariña e que ata o 16 de maio non terían as ofertas vinculantes dos posibles interesados. Tamén lles trasladaron que se atopa nun proceso de venda, pero que a compañía non conseguiu fondos por ser unha empresa en crise.

"O proceso de venda farase cun comprador como mínimo tan grande como Alcoa ou maior", aseguran. Por outra parte, lembran que a Sepi, Igape e outros organismos oficiais por parte das administracións son fundamentais e imprescindibles para o comité, "xa que son a máxima garantía para os traballadores". A estes problemas, súmase que a empresa non conta co residuo caracterizado, algo necesario para poder pasar o trámite de Saúde Pública e así poder ampliar a capacidade do embalse de lodos.

A empresa tería que dar unha reposta nunh prazo máximo de tres semanas de se continúa cos trámites como residuo perigoso ou se realizan análises para comprobar a caracterización. Dende o comité piden "comezar de forma inmediata a construción do forno de coción para que non afecte ni ao plan de viabilidade e aos seus prazos, nin aos empregos dos traballadores do complexo tanto propios como exteriores.