A asociación O Atrio de Vilaronte pon en marcha a terceira edición do Mercado Aos Pés de Cornería

Foz
AMariñaXa

A Asociación Cultural O Atrio de Vilaronte pon en marcha a terceira edición do Mercado Aos Pés de Cornería no atrio da igrexa de Vilaronte.

o_atrio_de_vilaronte
o_atrio_de_vilaronte
3 may 2024

A Asociación Cultural O Atrio de Vilaronte pon en marcha a terceira edición do Mercado Aos Pés de Cornería no atrio da igrexa de Vilaronte. A cita será este domingo 5 a partir das 10.00 horas. Haberá pasacalles, diversas charlas sobre placas solares e interpretación de facturas da luz e cata vermú a partir das 12.30 horas.

Os máis pequenos tamén poderán participar nun obradoiro polo Día da Nai e a partir das 13.30 horas haberá sesión vermú, á que lle segue unha sobremesa cun grupo de gaitas locais. Pola tarde é a quenda do Mago Martín Camiña que actuará no lugar.