Acia Foz pon en marcha unha campaña solidaria para recadar fondos para a loita contra o cancro

Foz
AMariñaXa

AciaFozCCA colaborará por sétimo ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolverá do 3 ao 17 de maio.

campaña euro solidario foz
campaña euro solidario foz
2 may 2024

AciaFozCCA colaborará por sétimo ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolverá do 3 ao 17 de maio. Na presentación desta iniciativa participaron Pilar García, representante da AECC en Foz; o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo; e o alcalde, Fran Cajoto.

Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario. “Un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante”, manifestou o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

“Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que tivo unha boa acollida nas edicións anteriores e agardamos que tamén a teña neste 2024”. Euro solidario está organizada por AciaFozCCA e a delegación local da AECC coa colaboración do Concello de Foz.