Foz, municipio lucense con máis bandeiras azuis

Foz
AMariñaXa

O Concello de Foz obtivo a bandeira azul para os areais da Rapadoira, Llas, Peizás,  Polas e Areoura e repite, con cinco enseñas, como o concello da costa de Lugo con máis distintivos.

8 may 2024

O Concello de Foz obtivo a bandeira azul para os areais da Rapadoira, Llas, Peizás,  Polas e Areoura e repite, con cinco enseñas, como o concello da costa de Lugo con máis distintivos. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) deu a coñecer as praias distinguidas con bandeira azul para este ano 2024.

“Estas cinco bandeiras azuis -o maior número na provincia de Lugo- é un recoñecemento á calidade dos nosos areais e aos servizos que ofrecemos. Ano a ano seguimos mellorando e este verán estreamos unha inversión de 412 mil euros realizada na praia de Llas pola Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Transición Ecolóxica, que serviu para protexer o sistema dunar e mellorar os distintos accesos á praia”, explica o alcalde, Fran Cajoto.

Na mesma praia de Llas, “acabamos de adxudicar un contrato no que se vai a renovar completamente por 25 mil euros o parque infantil, único na contorna. E en virtude a unha subvención con fondos Next Generation imos a mellorar o posto de socorro e os aseos na praia da Rapadoira”. Traballan “para seguir mellorando os areais, un dos nosos principais valores”.- destaca Fran Cajoto.

O alcalde informa que están pendentes de que a Xunta de Galicia concrete a financiación para o servizo de salvamento. “En base ao número de socorristas que dispoñamos poderemos izar as bandeiras conseguidas en máis ou menos praias. Poñendo sempre por diante a seguridade, é un orgullo recibir este recoñecemento ao traballo de todos”.