Natureza, gastronomía e unha ruta ampliada: A Pontenova acolle a XV edición da súa Concentración de Sendeirismo

AMariñaXa

Un ano máis, A Pontenova acolle unha nova edición da Concentración de Asociacións de Sendeirismo e tempo libre de Asturias e Galicia, que será o vindeiro 11 de maio.

4 may 2024

Un ano máis, A Pontenova acolle unha nova edición da Concentración de Asociacións de Sendeirismo e tempo libre de Asturias e Galicia, que será o vindeiro 11 de maio. A cita, que chega a súa décimo quinta convocatoria, seguirá a Ruta das Minas duns 10 quilómetros e de dificultade media. O programa comezará a partir das 9.30 coa concentración dos participantes na praza dos Fornos.

Xa a partir das 10.00 terá lugar o percorrido que se prolonga ata as 14.35 horas, cando se organiza o xantar a base de liscos, bolos preñados, sobremesa e bebidas. Pola tarde, a partir das 16.00 horas, organízanse varios sorteos de agasallos entre os participantes. Os interesados poden facer a súa inscrición, que ten un prezo de 5 euros ata o xoves 9 de maio.