O espectáculo 'O pequeno circo dos cachivachis' chega a Ribadeo

AMariñaXa

O vindeiro venres día 10 de maio, no Gregorio Sanz de Ribadeo terá lugar a presentación do espectáculo infantil O pequeno circo dos cachivachis de Os cómicos da rúa e Galimatías Animación.

6 may 2024

O vindeiro venres día 10 de maio, no Gregorio Sanz de Ribadeo terá lugar a presentación do espectáculo infantil O pequeno circo dos cachivachis de Os cómicos da rúa e Galimatías Animación. Esta actuación, que comezarás ás 12.30 horas da mañá lévase a cabo coa  colaboración da ANPA do propio centro.

Ademais deste traballo de animación musical e teatral para público infantil e familiar, Os Cómicos da Rúa impulsaron  outros como Festa na rúa, Entre avós-as anda o xogo e Outras músicas e outras culturas.

A suma de todos estes espectáculos deu paso a Sorriso no camiño, un espectáculo de animación de rúa que se leva a cabo en pobos e cidades  por onde pasan os distintos camiños que levan a Santiago.