O Picato de Trabada convoca o seu tradicional certame polo Día das Letras Galegas

AMariñaXa

A asociación O Picato de Trabada convoca un certame polo Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista nada na Coruña.

2 may 2024

A asociación O Picato de Trabada convoca un certame polo Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista nada na Coruña. Deste xeito, trátase dun concurso participativo e non competitivo, polo que todos os que se apunten levarán un agasallo.

Está dirixido a todos os públicos, dende 0 a 99 anos. Os traballos presentados Terán como temática “As nosas letras”, representada en forma de debuxo, narración poema ou fotografía. Só se poderá presentar un traballo por persoa, que terá que ir asinado con nome, apelidos e idade ó final. Os traballos serán de extensión máxima unha cara en folla A4.

Pódense presentar ata as 13.00 horas do 10 de maio en sobre pechado no Spar Express en Trabada ou na Casa do Concello. A entrega dos agasallos levarase a cabo o 17 de maio a partir das 16.00 horas no centro cultural, onde tamén se expoñerán as obras. A asistencia ao acto, no que contarán cunha actuación, é de carácter obrigatorio.