Organizan en Vegadeo unha exposición sobre o acoso coa colaboración do alumnado do municipio

AMariñaXa

Durante as últimas semanas, o colectivo Leña Verde recolleu o testemuño de alumnos do IES Elisa e Luís Villamil de Vegadeo coa intención de coñecer de primeira man posibles situacións de acoso, testemuños e experiencias que provoquen dor e inseguridade aos novos estudantes.

6 may 2024

Durante as últimas semanas, o colectivo Leña Verde recolleu o testemuño de alumnos do IES Elisa e Luís Villamil de Vegadeo coa intención de coñecer de primeira man posibles situacións de acoso, testemuños e experiencias que provoquen dor e inseguridade aos novos estudantes.

Pedíronlles, por unha banda, que contasen a través dunha palabra, unha frase, ou a descrición dun momento ou situación, escenarios de acoso e intimidación no centro escolar. Por outra banda, debuxaron obxectos, lugares e situacións que a priori, poden parecer inofensivas e inocuas, pero que a eles lémbranlles a esas situacións dolorosas, desagradables e intimidatorias.

En total, recolléronse 77 testemuños con insultos e vexacións, 25 sobre agresións físicas, 19 sobre burlas continuadas, 16 sobre illamento social, 11 sobre agresións verbais racistas e xenófobas.

Os elementos que máis lles lembran a situacións de acoso son: os estoxos, as tesoiras, as cadeiras e os teléfonos móbiles. Os lugares, son: a interior da aula, o patio do instituto, as escaleiras, os despachos de billetes, os baños e o autobús. As situacións que máis denuncian, son: o illamento social e as agresións verbais continuadas.

Do 2 ao 10 de maio estará dispoñible na Sala de Exposicións Luís Fega de Vegadeo, a exposición dos testemuños, emulando a obra artística ‘O Tendedero’ de Mónica Mayer. No mobiliario urbano, poderanse atopar os debuxos realizados polo alumnado do IES.