Organizan un obradoiro sobre postura e respiración en Vegadeo

AMariñaXa

O programa Saúde e Benestar +60 continúa en Vegadeo.

rexistro xeral ordenador informatica
rexistro xeral ordenador informatica
7 may 2024

O programa Saúde e Benestar +60 continúa en Vegadeo. A próxima actividade será un obradoiro sobre postura e respiración o vindeiro xoves ás 18.00 horas no centro social de maiores do municipio e un obradoiro de saúde mental o xoves 23 tamén ás 18.00 horas no mesmo espazo.

Trátase dunha actividade dirixida prioritariamente a persoas maiores de 60 anos ou persoas con discapacidade. Os interesados en obter máis información e inscricións no Plan de Promoción de Saúde poden facelo a través do Concello de Vegadeo, no teléfono 985 634 022 e no 697 163 640 en horario de 9.30 a 13.30.