Trécola leva Monstrólogo á casa da cultura do Vicedo

AMariñaXa
A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, ás 17 horas, a estrea da nova peza de teatro para monicreques de Trécola Producións.
8 may 2024

Este xoves 9 de maio a partir das 17.00 horas Trécola Producións presenta na Casa da Cultura do Vicedo a obra Monstrólogodentro das actividades de animación á lectura. Trátase dun divertido espectáculo con monicreques, medo e moitas risas presentado por unha das mellores compañías de monicreques de Galicia. A actividade é apta para todos os nenos e nenas e é gratuito.

A peza conta a historia dun experto e grande xenio vén dar unha charla á Casa-Museo Manuel María sobre especies e tipoloxías de monstros e as súas curiosidades. Mais non vén só. Acompáñano unha serie de terroríficos e divertidos personaxes que virán demostrar que lonxe de pretender dar medo, os monstros están para axudar a superar diversos retos ás persoas.

Trécola Producións é unha compañía residente no concello de Pol, que dinamizan Ero Vázquez Cabrera e Isabel García Coldeiro, cunha proposta estética baseada nun continuo labor de creación, experimentación e de produción de obradoiro como o demostran as súas pezas máis recentes como A saga de Flin Havardr, Tolitates, Gaela quere ser druída… Alén disto, nos dous últimos anos levaron por toda Galiza Kinetiko, unha iniciativa do xogueteiro Manu Taboada xunto con Ero Vázquez e que consiste nun conxunto de autómatas que coa axuda dos seus mecanismos e do movemento que xeran, demostran que calquera persoa pode desfrutar dos brinquedos e dos monicreques.