Por Viveiro solicita o arranxo da ponte da Carreira

AMariñaXa

Por Viveiro pide ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a o arranxo da ponte da Carreira en Magazos.

ponte_carreira
ponte_carreira
8 may 2024

Por Viveiro pide ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a o arranxo da ponte da Carreira en Magazos. Explican que en novembro de 2018 a riada que provocou importantes danos no barrio de Xunqueira causou tamén a rotura da ponte que dá acceso o lugar da Carreira en Magazos.

Aseguran que no lugar da Carreira hai dúas explotacións gandeiras e para acceder as mesmas os veciños teñen que dar un importante rodeo, feito que dificulta que estas explotacións se poidan manter en funcionamento. Por outra banda, piden a reposición da marquesiña localizada na zona do Filón en Vieiro.

En decembro de 2023 un accidente de trafico, con saída de vía, derrubou e deixou inoperativa a marquesiña. Porén, denuncian que máis de catro meses dende o accidente, nada se ten feito para a reparación ou reposición da marquesiña. A esta petición suman o arranxo completo dos danos da estrada de acceso a Naseiro, que aseguran que presenta numerosas fochancas e acumulación de auga nas marxes.