Viveiro mellorará o paseo fluvial

AMariñaXa

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro anuncia unha actuación para a instalación de auga no paseo fluvial para poder baldear a tarima e quitarlle o verdín que lle fai podrecer.

paseo_fluvial_viveiro
paseo_fluvial_viveiro
9 may 2024

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro anuncia unha actuación para a instalación de auga no paseo fluvial para poder baldear a tarima e quitarlle o verdín que lle fai podrecer. Unha vez realizada esta actuación de baldeo, valorarase se procede  instalación dunha malla especial que ofrece maior agarre evitando os esvaramentos.

“O que ocorre é que temos un paseo construído no 2001, fai 23 anos, nos que o mantemento realizado foi insuficiente”, advirte Míriam Bermúdez, “e o estado da pasarela fai que pensemos na retirada de polo menos unha parte, estamos asesorándonos con especialistas para ver a mellor solución e como resolver o firme unha vez retirada”.

A tenente de alcaldesa de Viveiro, Míriam Bermúdez, lembra que só no último ano se investiron 23.000 euros en diferentes traballos de acondicionamento e mantemento no paseo fluvial. Entre os traballos realizados, houbo reparacións de carpintería, rozas e podas. “Estamos mantendo este espazo da mellor maneira posible cos recursos contidos que temos para a gran superficie que supón”.