A Feira do Libro volve a Lugo cunha ducia de expositores e descontos do 10 %

LugoXa

A Feira do Libro de Lugo volve na semana das Letras Galegas e arranca o vindeiro luns 13 co pregón a cargo de Antía Yáñez.

7 may 2024

A Feira do Libro de Lugo volve na semana das Letras Galegas e arranca o vindeiro luns 13 co pregón a cargo de Antía Yáñez. Participarán unha ducia de expositores que se situarán na Praza Maior e unha variedade de autores e autoras para poñer en valor a literatura na nosa cidade.

Escritores como Ledicia Costas, Francisco Narla, Pablo Rañales, Alfonso Eire, Isabel Ramos ou María Reimóndez asinarán ou presentarán na cidade, mentres as casetas ofrecen descontos do 10 %. A esta aposta súmase un completo programa de ocio familiar con música e teatro.

 

Programa completo

Luns 13 de maio. De 17.30 a 21.00 horas.

17.30  horas. Xose Fernández asina Ainda que te agoches na caseta da Libraría Biblos.

18.30 horas. Juan José Lada Vilariño asina Sin prueba aparente e o resto da súa obra na caseta da  Libraría Biblos.

18.00  horas. Pregón a cargo da escritora Antía Yañez.

18.45  horas. 25 anos do Dicionario dos seres míticos galegos, participan Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Cuba.

19.30 horas.  Alfonso Eire presenta O militante acompañado polo presidente de Hércules de Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias.

19.30 horas. Isabel Ramos Breijo asina Hasta el infinito y más allá y El secreto de Andrea na caseta da Libraría Biblos.

 

Martes 14 de maio. De 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas

17.30  horas. Hixinio Flores e Orlando Viveiro presentan Formas tradicionais da cerámica popular de  Bonxe, estarán acompañados por unha representante da Área de Cultura e do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

18.30 horas. Andrea Micc asina Crónicas de Vanusum: El Reino de los Reinos na caseta de Libraría  Agrasar.

18.30 horas. Andrea Micc asina Crónicas de Vanusum: El Reino de los Reinos na caseta de Libraría  Agrasar.

18.30 horas. Xabier López presenta Contrabiografía.

19.00 horas. Jordi Cicely asina Mariela envenena mis sueños na caseta da Libraría Biblos.

19.30 horas. María Reimóndez presenta A casa do amo acompañada pola escritora Luz Darriba.

 

Mércores, 15 de maio. De 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas

17.30 horas.  Un Café Candelas con... Ledicia Costas, que presenta Pel de Cordeiro acompañada polo  escritor Lois Pérez.

18.00 horas. Ana Meilán asina As manchas de Palmira na caseta da Libraría El Faro de los Tres Mundos.

18.30 horas. Abril Camino asina Nuestro último verano en la isla e o resto das súas obras na caseta de Libraría Agrasar.

18.30 horas. Paco Morgan asina A rede branca na caseta da libraría Pedreira.

18.30 horas. Abraham Pérez presenta O paso en falso.

19.30 horas. José Manuel Blanco Prado presenta A devoción popular nos santuarios lucenses. Estará  acompañado por unha representante da Área de Cultura e do Servizo de Publicacións da  Deputación de Lugo.

19.00 horas. Ivet Núñez asina Tras la niebla na caseta da Libraría Biblos. Áurea L. Lamela asina En la carretera vieja na caseta da Libraría Aguirre.

 

Xoves 16 de maio. De 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas

17.30  horas. Espectáculo musical infantil e familiar A Ramona pequena vai á Lúa de Pakolas.

18.00 horas. Rosalía GT asina Unha pedra no zapato na caseta da Libraría Aguirre.

18.30  horas. Unha conversa de premio: charla entre Pablo Rañales, con Os Afogados, e Irene Rega Jul,  con Tecendo redes.

18.30 horas. Elena Gallego Abad asina O legado da nena do sal na caseta da libraría Pedreira.

19.30   horas. Conversa entre os gañadores do premio Torrente Ballester de Novela, Amador Castro, con Pronto hei de volver, e o gañador do premio Raiña Lupa, Lois Pérez, con A tribo do mar.

 

Venres 17 de maio. De 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas

11.30 horas. Sonia Arias López asina Los zapatos del lobo na caseta da Libraría Aguirre.

12.00 horas. Sara Fernández Roig asina O bosque é a nosa casa na caseta da Libraría Trama. Francisco Narla asina Onde ouvean os montes na caseta da Libraría Pedreira.

12.30 horas. Rober Cagiao asina Entroido: Caza Mortal e o resto das súas obras na caseta da Libraría  Agrasar. Atopa a túa Historia.

12.30 horas.  Presentación e contacontos ilustrado O reino de Libelíño con Estefanía Padullés.

17.30  Teatro infantil: Pedras de Cartón representa a obra Moby Dick.

18.30  horas. ContAZ Lengua de Signos representa A Maleta.

19.30  horas. Mario Outeiro Iglesias presenta 19 (+1) escapadas polo Corgo. Guía visual do concello, estará  acompañado por unha representante da Área de Cultura e do Servizo de Publicacións da  Deputación de Lugo.