Fontiñas recupera o seu mercado medieval

LugoXa
El barrio de Lugo Fontiñas retoma la celebración de la Feria Medieval. Tendrá lugar en el mes de abril los días 8, 9 y 10.
10 may 2024

A Asociación de Hostaleiros de Fontiñas preparan unha nova edición do seu mercado medieval que comeza este venres e terá lugar durante toda a fin de semana. Trátase dunha cita xa consolidada no calendario cultural de Lugo, que ten a praza do Camiño Primitivo e a avenida das Fontiñas coma puntos principais da feira.

Durante o evento, haberá unha oferta cultural con actividades como espectáculos de lume ou danza medieval. Os comerciantes levarán o seu propio stand con decoración acorde á temática. O Mercado Medieval consegue congregar cada ano o barrio á veciñanza e ás persoas que se achegan a Lugo na busca da mellor artesanía, produtos de alimentación e mostras de recreación histórica.