O Muralla Rugby pon en valor o deporte coa primeira edición do Torneo Arde Lucus

LugoXa

O rugby será o gran protagonista o vindeiro sábado 8 de xuño na cidade.

4 may 2024

O rugby será o gran protagonista o vindeiro sábado 8 de xuño na cidade. O Muralla Rugby organiza a primeira edición do Torneo Rugby 7 Arde Lucus. As prazas para participar na cita están a piques de rematarse, polo que os interesados poden soclitar máis información no ardelucus@murallarugby.com

As orixes do club remóntanse ao ano 1986 cando baixo o nome de Euita RC foi fundado como club de rugby por un grupo de estudantes da por aquel entón Escuela Universitaria de Ingenieros Técnicos Agrícolas.

Na temporada 2003-04 o clube decide iniciar un novo proxecto contando con antigos membros do Xabarín RC, Landrús RC e posteriormente Maseda RC, nun esforzo por unir o rugby lucense baixo un só nome: Muralla RC.