Kenia Estrada debuta como deportista do Biosbardo e convértese en subcampioa en Mondariz

LugoXa

Esta fin de semana continuou sendo frenética para o CD Biosbardo.

Kenia_biosbardo
Kenia_biosbardo
6 may 2024

Esta fin de semana continuou sendo frenética para o CD Biosbardo. Federico Losada, como membro da Selección Galega estivo convocado pola Federación Galega de Atletismo en Chantada, con motivo da concentración da mesma. Pola súa banda, Kenia Estrada debutaba como nova deportista do club cun gran resultado nunha proba marcada pola climatoloxía.

O trail Orixes, en Mondariz, sufriu as inclemencias do temporal de auga, facendo moi dura a proba, neutralizando as distancias longas e cunha gran cantidade de abandonos nas mesmas. De feito, tivo que trasladarse ó pavillón municipal a meta da proba, cunha xestión da organización impecable neste aspecto. Foi na distancia de 26 quilómetros onde Kenia Estrada debutaba, proclamándose subcampioa absoluta cunha demostración de fortaleza mental.