O Circuíto Municipal Jorge Prado de Lugo, sede do Campionato do Mundo de Motocrós

LugoXa

O Circuíto Municipal Jorge Prado de Lugo será a sede do Campionato do Mundo de Motocross, que se celebrará esta fin de semana.

gran_premio_galicia_motociclismo_lugo
gran_premio_galicia_motociclismo_lugo
7 may 2024

O Circuíto Municipal Jorge Prado de Lugo será a sede do Campionato do Mundo de Motocross, que se celebrará esta fin de semana. Os mellores pilotos do mundo tanto de MXGP como de MX2 e WMX (Mundial Feminino) e os campións do futuro do Europeo 125 protagonizaran a sex que quedará gravada para este deporte.

Galicia é terra de deportes de motor e en concreto de motocrós. Historicamente esta especialidade deu moitas alegrías ao deporte galego, pero sen dúbida nestes momentos vívese unha situación única, con varios pilotos na elite internacional e un lucense defendendo o número uno de Campión do Mundo da categoría máxima. E como premio a ese traballo e broche de ouro a esta xeración máxica, o Mundial fará de Lugo a capital internacional do motocrós e de Galicia unha inesquecible festa de deporte.

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, asistiron á presentación oficial do evento, onde tamén estivo o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro que valorou o traballo realizado pola organización, encabezada por Motopark e LastLap, para lograr que Lugo acolla unha proba do circuíto mundial, que anticipou como unha "homenaxe e mostra de afecto e apoio a Jorge Prado, que chega co reto de recuperar o liderado do campionato mundial".

Mantemento do circuíto

Pola súa parte, a alcaldesa de Lugo Paula Alvarellos, acompañada pola edila responsable de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, supervisou as tarefas de acondicionamento que se están levando a cabo na contorna do circuíto. Os traballos realizados na dotación inclúen a adecuación do accesos, a instalación da infraestrutura para a xestión de residuos, parte do subministro eléctrico para as tarefas auxiliares e a roza de toda a contorna.

“A historia deste circuíto é a historia do noso compromiso co deporte. Cando desde o Goberno local puxemos en marcha esta dotación apostamos decididamente por que Lugo sexa unha cidade referencia, con capacidade para acoller competicións nacionais e internacionais, nunha modalidade deportiva en auxe grazas, en boa medida, aos éxitos logrados polo noso piloto Jorge Prado nos últimos anos. Coa celebración desta proba do campionato do mundo, o noso obxectivo está a cumprirse.

Os próximos días a cidade será capital mundial do motocrós coa consecuente dinamización da nosa economía en termos de afluencia turística e consumo asociado a este evento”, sinalou a rexedora. Neste sentido, agradeceu o traballo dos organizadores e valorou o compromiso do Club Motopark como responsables da xestión do circuíto Jorge Prado por proporcionar un escenario de clase mundial para que os mellores pilotos do mundo demostren as súas habilidades.