O PSOE reclama a cobertura de prazas de médico no centro de saúde da Fonsagrada

LugoXa

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, esíxelle ao Sergas que garanta a cobertura das prazas de médico vacantes no centro de saúde da Fonsagrada, que atende á cidadanía de aquel concello lugués e de Negueira de Muñiz.

centro saude fonsagrada
centro saude fonsagrada
2 may 2024

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, esíxelle ao Sergas que garanta a cobertura das prazas de médico vacantes no centro de saúde da Fonsagrada, que atende á cidadanía de aquel concello lugués e de Negueira de Muñiz. Así o dixo no debate dunha iniciativa parlamentaria na Comisión de Sanidade, na que dixo que o caso deste concello é “un caso máis do abandono sanitario por parte da Xunta”.

Espinosa advertiu que actualmente “hai 2 prazas de médico sen cubrir, das 5 existentes”, polo que “non é difícil de entender as dificultades para dar unha prestación sanitaria de calidade”. Ademais, lembrou, no concello tampouco dispoñen dos servizos de Radioloxía, Fisioterapia ou Xinecoloxía, o que obriga a unha poboación cunha idade media elevada desprazarse ao Concello de Becerreá.

A parlamentaria socialista levou ao Parlamento as demandas dos veciños e veciñas, que “están defendendo o seu dereito a unha atención primaria, e esíxenlle ao Sergas a cobertura das prazasw vacantes e evitar que outros facultativos poidan marchar da zona”. Advertiu que “xa non vale conque o Sergas recoñeza a dificultade para atopar persoal de substitución, e tampouco vale que diga que traballan para atopar unha solución”.

Reclamou así “unha asistencia sanitaria de calidade tanto na Fonsagrada como en Negueira de Muñiz”, e reclamou ademais que amplíen os servizos do Centro de Saúde para que a cidadanía dispoña dos servizos de Radioloxía e Fisioterapia.