Alcer Lugo pon en marcha unha xornada a favor do río Miño

LugoXa

Alcer Lugo, en colaboración coa Uned e Adega, organiza unha iniciativa para aprender máis sobre o río Miño, que terá lugar o vindeiro 14 de maio.

6 may 2024

Alcer Lugo, en colaboración coa Uned e Adega, organiza unha iniciativa para aprender máis sobre o río Miño, que terá lugar o vindeiro 14 de maio. Trátase dunha proposta a favor do medio ambiente e a inclusión, facendo medidas do caudal, de nitratos, osíxeno e ph.

Ademais tamén se estudará a flora e a fauna. Os interesados en participar poden anotarse no 619 609 797 ou a través do correo alcerlugo@gmail.com