San Pedro de Mera celebra as súas festas

LugoXa

San Pedro de Mera celebra as súas Festas na honra a San Benito os días 3, 4 e 5 de maio.

1 may 2024

San Pedro de Mera celebra as súas Festas na honra a San Benito os días 3, 4 e 5 de maio. O programa comeza o venres con churrascada popular ás 22.00 horas e logo verbena da man do grupo Tania Veiras. O sábado haberá misa solemne e sesión vermú co grupo Fussión que estará acompañado do grupo Beatriz pola noite.

De novo haberá misa solemne, procesión e sesión vermú de dúas horas o domingo co dúo Estrellas. A partir das 14.00 horas terá lugar unha concentración de cabalos.