Inaugúrase en Lugo unha mostra sobre a importancia das abellas

LugoXa

A Deputación de Lugo acolle a exposición da campaña 1000 e 1 Abellas, esenciais para a vida, que estará exposta desde a tarde deste martes, día 30 de abril, ata o 12 de maio, na planta baixa do Pazo de San Marcos.

300424 Exposición 1000 e 1 Abella
300424 Exposición 1000 e 1 Abella
1 may 2024

A Deputación de Lugo acolle a exposición da campaña 1000 e 1 Abellas, esenciais para a vida, que estará exposta desde a tarde deste martes, día 30 de abril, ata o 12 de maio, na planta baixa do Pazo de San Marcos. A mostra é a primeira actividade que se desenvolve no marco deste proxecto de educación e formación ambiental sobre a importancia dos polinizadores para a vida no planeta, a agricultura e a biodiversidade. A iniciativa, que percorrerá as catro provincias galegas, está impulsada pola Fundación Osíxeno e El País del Abeyeiro, e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

A mostra, que consta de 14 paneis informativos e educativos, estará dividida en dúas partes. Por un lado, exponse a orixe, situación actual, beneficios e prexuízos, problemas xerados, e por outro, a busca de alternativas, cambios dos nosos hábitos de consumo, o fomento da educación, da formación e da investigación para coidar as abellas e os polinizadores. A exposición terá ademais un espazo apícola formado por unha colmea antiga e outra moderna, ferramentas apícolas e un xardín con abellas e coas partes do traxe dun apicultor, así como unha mostra de meles de diferentes procedencias.

Ao redor da exposición organizaranse cinco obradoiros e visitas guiadas a particulares, escolares e asociacións. A campaña 1000 e 1 Abellas, esenciais para a vida pretende sensibilizar e formar á sociedade sobre a importancia das abellas na vida do planeta a través de diferentes actividades de forma creativa e adaptada ao público xeral. Abordarase a función destes polinizadores imprescindible para o ser humano e para o resto das especies, dende o punto de vista da agricultura, a biodiversidade e a paisaxe.

Tamén as principais ameazas e os motivos polos que se están a reducir alarmantemente as poboacións de insectos polinizadores silvestres, e das abellas domésticas debido a agricultura industrial e o uso excesivo de pesticidas e monocultivos, parasitos, enfermidades e especies invasoras, así como incendios, a contaminación e a urbanización desmesurada e o cambio climático. No mundo hai máis de 20.000 especies de abellas, 1.000 na península Ibérica. A especie máis coñecida é a abella da mel (Apis mellifera), coa que convivimos dende tempos ancestrais, sabendo aproveitar non só o servizo de polinización gratuíto de campos e cultivos, senón que ademais produce rica mel e outros produtos de gran valor e con diferentes