Lóstregos Lvcvs organiza unha ruta moto-turística para coñecer Lugo

LugoXa

O motoclub Lóstregos Lvcvs organiza a sexta edición do Desafío Lóstrego para coñecer a cidade en moto.

lostregos_lucus
lostregos_lucus
6 may 2024

O motoclub Lóstregos Lvcvs organiza a sexta edición do Desafío Lóstrego para coñecer a cidade en moto. Trátase dunha ruta moto-turística, sen ningún tipo de afán competitivo, baseada na navegación por roadbook, formato electrónico ou rolo de papel.

A saída e a chegada serán na cidade de Lugo con posibilidade de realizala unicamente por estradas asfaltadas ou escoller variantes que transcorren por pistas de terra, coñecendo lugares de interese turístico e paisaxístico da provincia de Lugo. O percorrido comeza coa recepción dos participantes, previamente rexistrados, á primeira hora da mañá e a entrega do material e o correspondente almorzo.

Tras a comida, procederase á saída dos participantes de forma graduada en pequenos grupos, que terán que pasar por determinados puntos marcados como controis fotográficos e outros controis de paso onde persoal da organización selará o paso no carné. Tamén existirán puntos de interese paisaxístico ou turístico que os participantes poderán aproveitar para coñecelos no momento, ou volver outro día con máis calma para gozalos con máis calma.

A metade do percorrido procederase á comida, no establecemento indicado no roadbook, para continuar pola tarde con similar sistemática ata o control de fin de ruta, onde terá lugar a cea e, posteriormente, o sorteo de agasallos.