A falta de iluminación no barrio da Residencia xera inseguridade entre comerciantes e veciños

LugoXa

Recentemente veciños do Barrio da Residencia e Avenida das Américas reuníronse para poñer de manifesto que o barrio da Residencia e a avenida das Américas son zonas “moi mal iluminadas e que esta falta de iluminación xera inquietude e inseguridade, prexudicando a comerciantes e veciños”.

iluminacion_barrio_residencia
iluminacion_barrio_residencia
3 may 2024

Recentemente veciños do Barrio da Residencia e Avenida das Américas reuníronse para poñer de manifesto que o barrio da Residencia e a avenida das Américas son zonas “moi mal iluminadas e que esta falta de iluminación xera inquietude e inseguridade, prexudicando a comerciantes e veciños”.

Por iso, diríxense á Concellería de Vías, Obras e Iluminación do Concello de Lugo e trasládanlles que, entre outras, na rúa Río Ulla, ao lado dereito non hai ningún foco, como tampouco no lado esquerda da rúa Doutor Ochoa, entrada desde a Residencia á Oficina de emprego. Tamén denuncian a falta de luminaria na marxe dereita de Trapero Pardo, desde a entrada ata a rotonda; na marxe esquerda da Pintor Pacios e da Coba dá Serpe e na rúa da Pomba, como tampouco na rúa Esquiu, onde só hai iluminación dun lado.

Os problemas xerais, segundo sosteñen, son que a iluminación destas rúas é unha iluminación moi antiga, na maior parte con máis de 50 anos, e mesmo hai zonas iluminadas dun único lado. Ademais, o sistema ao estar tan envellecido é de pouca potencia e moi contaminante. Por todo isto, solicitan que nos orzamentos do ano 2024 se realice unha reforma integral da iluminación do barrio da Residencia e da avenida das Américas, que se substitúa a actual iluminación por unha máis potente e de menos consumo e por conseguinte menos contaminante.