Jordan Sakho do Breogán visita a residencia de maiores da Milagrosa

LugoXa

O xogador do club de baloncesto Breogán, Jordan Sakho, acudiu á residencia de maiores da Milagrosa, onde visitou aos usuarios e intercambiou anécdotas e experiencias con eles.

residencia_a_miilagrosa
residencia_a_miilagrosa
7 may 2024

O xogador do club de baloncesto Breogán, Jordan Sakho, acudiu á residencia de maiores da Milagrosa, onde visitou aos usuarios e intercambiou anécdotas e experiencias con eles. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, sumouse a esta acción enmarcada no proxecto de envellecemento activo Grazas A-Vós, impulsado pola Fundación Breogán coa colaboración da Administración autonómica.

Dentro deste programa, as residencias públicas da Xunta na Milagrosa e As Gándaras acollen dúas veces por semana actividades para mellorar o benestar físico e mental dos participantes. Tamén reciben visitas de xogadores do club e entradas para presenciar os partidos que se disputan no Pazo dos Deportes. Ademais das actividades habituais, para o 27 de maio está prevista nas Gándaras unha charla da Fundación Clínica Solidaria Lugo sobre a hixiene bucodental en persoas maiores.