Unha visita polo cemiterio de Lugo para coñecer os escritores soterrados da man Achádego Teatro

LugoXa

Continúa a programación cultural do Cemiterio de San Froilán o vindeiro domingo día 12 de naio, coa obra Día das Letras Galegas.

10 may 2024

Continúa a programación cultural do Cemiterio de San Froilán o vindeiro domingo día 12 de naio, coa obra Día das Letras Galegas. En forma de faladoiros de domingo, as visitas teatralizadas ao cemiterio constitúen unha actividade teatral cuxo guión e interpretación corre a cargo de Achádego, grupo de teatro da cidade cunha importante traxectoria artística.

Nesta teatralización visitarannos importantes escritores soterrados no cemiterio de San Froilán, tales como Anxel Fole, Luis Pimentel, Celestino Fernández de la Vega, e Manuel Pascual Amor Meilán. Na súa compaña percorreremos o cemiterio e coa súa conversa aprenderemos aspectos relevantes das súas vidas vistos desde o alén que nos axudarán a coñecer e comprender a súa pegada na historia da cidade.

Poderanse solicitar de xeito gratuíto nas oficinas de cemiterio, así como na Oficina de Turismo sita na Praza do Campo. Tamén se poderán reservar por teléfono no propio recinto: 982 297 303. Entregaranse, como máximo, 4 entradas por persoa.