O Concello de Lugo apela á veciñanza do rural a manter limpas as leiras particulares para garantir a seguridade viaria

LugoXa

A área de Cohesión Territorial que dirixe Ana González Abelleira apela a veciñanza do rural a manter limpas as leiras particulares co obxectivo de garantir a seguridade viaria e evitar problemas de convivencia co obxectivo de que estas parcelas atópense en correctas condicións de conservación e así garantir a seguridade viaria, previr o risco de lumes e evitar problemas de convivencia derivados dunha posible falta de mantemento.

visitas_rural_ana_abelleira_concello_lugo
visitas_rural_ana_abelleira_concello_lugo
8 may 2024

A área de Cohesión Territorial que dirixe Ana González Abelleira apela a veciñanza do rural a manter limpas as leiras particulares co obxectivo de garantir a seguridade viaria e evitar problemas de convivencia co obxectivo de que estas parcelas atópense en correctas condicións de conservación e así garantir a seguridade viaria, previr o risco de lumes e evitar problemas de convivencia derivados dunha posible falta de mantemento. “É necesario recordar a cidadanía a necesidade de cumprir coa normativa municipal. A vexetación que, nacendo en leiras particulares, invada tanto horizontal como verticalmente as beirarrúas, vías e espazos públicos, debe ser obrigatoriamente cortada ou podada polas persoas propietarias”, sinalou a edila.

Deste xeito, os titulares están obrigados a manter as súas propiedades en bo estado de conservación, limpeza e ornato, controlando ó mesmo tempo o crecemento da vexetación dentro duns límites que garantan a seguridade tanto do tráfico viario como peonil, tendo en conta a visibilidade e a redución do ancho ou alto do paso libre tanto para o tráfico peonil como rodado. “A falta de visibilidade a hora de transitar polos camiños rurais ou no cruzamento destes con vías doutra categoría, así como a necesidade de invadir a calzada por parte dos peóns pola presenza de maleza, supón un risco para a seguridade viaria de todas e todos os lucenses, polo que é necesario que cada quen asuman as súas obrigas, xa que en caso de incumprimento, o Concello poderá facelo en calquera momento, repercutindo ademais as custas destes traballos aos titulares”, recordou González Abelleira.

Así mesmo, a edila destacou que a falta de mantemento implica un risco non só para a cidadanía en xeral, se non tamén para o noso medio ambiente, xa que a ausencia de podas controladas contribúe a extensión dos lumes e facilita a difusión de pragas. Motivos polos que a edila de Cohesión Territorial incidiu en que o arboredo terá que ser podado na medida que sexa necesario para contrarrestar o ataque de enfermidades, ou cando sexa necesario por motivos de seguridade ou perigo de caída de ramas ou contacto con infraestruturas de servizo como tendidos eléctricos, rede de sinalización, iluminación, etc.

Co obxectivo de recordar esta serie de obrigas dos e das titulares de terras, esta mañá a alcaldesa vén de publicar un bando onde se recolle toda a normativa municipal vencellada a este asunto. Esta  medida enmárcase dentro da política do Executivo de Paula Alvarellos de establecer como prioridade na súa xestión aqueles asuntos de importancia para os habitantes das parroquias e procurar así que a contorna rural do municipio conte coa seguridade e calidade de vida necesarias para a súa veciñanza.