O PP solicita que se inclúa o Vello Cárcere no contrato global de seguridade

LugoXa

O PP solicita que se inclúa o Vello Cárcere no contrato global de seguridade.

vello_carcere_lugo
vello_carcere_lugo
9 may 2024

O PP solicita que se inclúa o Vello Cárcere no contrato global de seguridade. O vicevoceiro popular Enrique Rozas explica que “ata a data na que se adxudique esta prestación se busque unha solución parecida á que se fixo esta semana co resto de dependencias municipais onde, dende onte, volven a estar os gardas privados controlando os accesos”.

Os populares insisten en que se debe garantir unha vixilancia profesional no Vello Cárcere pedíndolle a Alvarellos que renuncie a facer con medios propios este traballo. “Estamos falando dun lugar que alberga restos arqueolóxicos de gran valor, zona expositiva, biblioteca, obradoiros ...”, asegura Rozas e salienta que “prescindir e substituír aos profesionais de seguridade por conserxes ou auxiliares suporía unha violación da Lei e provocaría cuantiosas multas”.

O Partido Popular insta ao goberno local a adoptar medidas análogas as que se veñen de impulsar no resto dos edificios administrativos para garantir a seguridade privada no Vello Cárcere e evitar que, a partir do mes de xuño, se quede sen o persoal profesional que prestaba este servizo.

Os populares reiteran esta petición logo de que o pasado día 6 de maio a alcaldesa asinase un decreto para dar continuidade á vixilancia privada dos edificios municipais. Rozas advirte ao Goberno local que se ten a intención de facer con medios propios, no Vello Cárcere, esta tarefa podería violar a Lei de Seguridade Privada de 2014 que exclúe que se poida facer dito labor con persoal propio do concello, e que provocaría sancións económicas graves que poderían chegar aos 600.000 euros.