A nova compañía lucense Satori estrea a obra ‘Masculino singular’ no Escenario Hipócrita

LugoXa

A programación cultural no Escenario Hipócrita continúa este sábado.

ÁBREGO LEAR EN LAS CATEDRALES
ÁBREGO LEAR EN LAS CATEDRALES
10 may 2024

A programación cultural no Escenario Hipócrita continúa este sábado. Lugo acollerá a preestrea da primeira peza dunha nova compañía lucense Satori, titulada Masculino singular, unha traxicomedia musical interpretada por Gustavo Fouce e dirixida por Sonia Fernández.

Lear en las catedrales, un drama baseado no poema de José Hierro Lear en los claustros, que porá en escena a compañía cántabra Ábrego, será a segunda función de maio, o sábado 25. Pechará a programación o espectáculo unipersoal La extranjera de Stephanie Cubides, docente e actriz colombiana o 8 de xuño.

Trátase dunha peza de teatro físico que narra o eterno conflito entre a permanencia e a partida. A programación cultural do Escenario Hipócrita conta co apoio da Área de Cultura da Deputación provincial. Organizan así unha programación variada que abrangue diferentes xéneros e estilos dentro das artes escénicas, dende o teatro físico á improvisación.