Tomé sobre causa contra Montoro por chivatazos contra Besteiro e Orozco: “Houbo unha persecución xudicial”

LugoXa

“A medida que vamos coñecendo datos, as pezas do puzzle encaixan á perfección.

jose tome ronda leste alegacions
jose tome ronda leste alegacions
9 may 2024

“A medida que vamos coñecendo datos, as pezas do puzzle encaixan á perfección. Dende os auto anónimos inventados da señora Candia, a unha xuíza sancionada co marido na dirección do Partido Popular e, agora, os chivatazos xudiciais ao ex ministro Cristóbal Montoro sobre os rexistros na Deputación e no Concello de Lugo. Unha actuación ilegal porque vulnerar o segredo de sumario en España é delito”. Así se pronunciou o secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, José Tomé Roca, sobre as recentes novas que desvelaron a existencia de correos electrónicos a través dos que Montoro era informado previamente sobre as actuacións xudiciais contra Besteiro e Orozco.

“Estamos ante uns feitos gravísimos, que merecen o reproche legal, e, desde logo tamén a condena ética e política”, e que demostran, “sen dúbida ningunha, que aquí o que houbo foi unha auténtica persecución xudicial a uns adversarios políticos -José Ramón Gómez Besteiro e José López Orozco-, para fundilos, para acabar con eles, a toda costa e a calquera prezo, que foi impulsada, que foi dirixida e que foi controlada directamente polo Partido Popular”, asegurou José Tomé.

“Todo o que está vivindo Pedro Sánchez a nivel do Estado, levámolo sufrindo na provincia de Lugo e en Galicia dende hai moito tempo, con Feijóo”, asegurou o secretario Xeral dos socialistas na provincia. “O Partido Popular de Feijóo non tiña ningún proxecto positivo para Galicia, nin o ten agora para o conxunto do Estado. Minte -é un profesional da mentira, como quedou xa demostrado en moitas ocasións-, e dirixe un PP que só se dedica a embarrar, aos bulos, aos inventos ou ás difamacións, para atacar ao rival político, no persoal, utilizando para elo mesmo a xustiza, como está saíndo á luz”. Uns ataques, subliñou, que provocan “un dano irreparable ás persoas que o sofren como lle sucedeu aos compañeiros Besteiro e Orozco, porque lles cortaron a súa carreira política; que danan ás institucións e aos empregados públicos, o seu prestixio e bo facer; e que, polo tanto, socavan a democracia”.