O Sacra Festival desenvolverase do 28 ao 30 de xuño por diferentes localidades da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa

Os organizadores do Sacra Festival presentaron a programación do evento do Sacra Festival, que se celebrará do 28 ao 30 de xuño en diferentes localizacións da Ribeira Sacra.

Sacra Festival Ribeira Sacra
Sacra Festival Ribeira Sacra
10 may 2024

Os organizadores do Sacra Festival presentaron a programación do evento do Sacra Festival, que se celebrará do 28 ao 30 de xuño en diferentes localizacións da Ribeira Sacra.

A Xunta figura entre os patrocinadores desta cita que combina música e espectáculos de danza e teatro con propostas gastronómicas e actividades relacionadas coa contorna.

A xefa de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez, participou na presentación, onde felicitou aos organizadores por impulsar esta iniciativa “preparada con mimo e que xa está consolidada no panorama cultural da nosa provincia”.

Engadiu que este proxecto “concorda co traballo que facemos desde o Goberno galego para avanzar no modelo de turismo tranquilo e sostible que caracteriza á Ribeira Sacra”.