Quiroga conta cun novo vehículo para dar servizo aos usuarios do Centro de Día

RibeiraSacraXa

Xa está en marcha o novo vehículo co que conta o Centro de Día para recoller aos usuarios que o soliciten que presentou o Equipo de Goberno de Quiroga.

novo coche servizos sociais Quiroga
novo coche servizos sociais Quiroga
10 may 2024

Xa está en marcha o novo vehículo co que conta o Centro de Día para recoller aos usuarios que o soliciten que presentou o Equipo de Goberno de Quiroga. O novo coche que manexará persoal, "suporá un aforro en custos e a finalización da externalización do servizo de transporte".

O Concello de Quiroga solicitou unha subvención á Consellería de Política Social e Xuventude para a adquisición deste vehículo destinado a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade ao amparo do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

O Centro de Día é un centro xerontolóxico, socioterapéutico e de apoio ás familias que presta os servizos de atención social e terapia ocupacional. Pero tamén conta con servizos complementarios como é o servizo de manutención e dietas e o servizo de transportes de recollida a domicilio. Este servizos funcionan a demanda dos usuarios.

O vehículo dispoñible ten unha gran capacidade que permite que os usuarios entren e saian facilmente. Ademais, está capacitado para poder adaptarse como transporte de persoas con mobilidade reducida, podendo utilizalo cunha cadeira de rodas na súa parte traseira; algo que, como matizaron o alcalde, José Luis Rivera, e o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández, na presentación, ten en mente o Equipo de Goberno.