Presentan unha guía sobre o románico de Lugo, A Terra Chá e A Mariña

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentará este xoves pola tarde na Catedral de Lugo a nova guía do románico que editou a institución provincial para difundir e para poñer en valor este tipo de patrimonio de Lugo, A Terra Chá e A Mariña.

nova guia romanico
nova guia romanico
8 may 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentará este xoves pola tarde na Catedral de Lugo a nova guía do románico que editou a institución provincial para difundir e para poñer en valor este tipo de patrimonio de Lugo, A Terra Chá e A Mariña. Esta presentación faise con motivo do Día da Transrománica, que se conmemora este 9 de maio, coincidindo co Día de Europa.

O acto será ás 18:00 e estará aberto ao público. As persoas asistentes recibirán un exemplar desta publicación coa que a Deputación de Lugo completa o proxecto editorial que iniciou no ano 2021 cunha guía sobre o patrimonio románico da Ribeira Sacra, e que continuou con volumes sobre A Ulloa, e Os Ancares, O Courel e Sarria.

Con motivo desta celebración do Día da Transrománica a Deputación programa para estes días rutas pola provincia que se poden reservar na web http://inscricions.deputacionlugo.org ata completar o aforo. Mañá haberá en Lugo; o sábado en Monforte, Portomarín, Paradela, Sarria e O Saviñao; e o domingo en Lugo, Guntín, Meira, Pantón e Sober.