Os organizadores do 'Trail Heroica Ribeira Sacra' preparan unha xornada de deporte e saúde para este sábado

RibeiraSacraXa

Os organizadores da proba deportiva Trail Heroica Ribeira Sacra, que se celebra o vindeiro 30 de xuño, organizan unha xornada previa á carreira este sábado, 4 de maio.

Trail Heroica Sacra
Trail Heroica Sacra
1 may 2024

Os organizadores da proba deportiva Trail Heroica Ribeira Sacra, que se celebra o vindeiro 30 de xuño, organizan unha xornada previa á carreira este sábado, 4 de maio.

Así, as corredoras de Muller en Forma de Lugo recollerán o seu premio como club con maior número de participantes do II Trail Heroica Sacra, que será hospedarse en Casa Aturuxo de Belesar para desfrutar dun fin de semana único. Ademais, está preparada para elas unha saída-entreno de irmandamento á que se poderá unir a persoa que queira.

Por outra parte, despois desta carreira e da comida, celebrarase unha mesa redonda sobre xuventude, turismo e deporte no auditorio de Chantada a partir das 16.30 horas.

Haberá tres relatorios con especialistas que falarán sobre como crear unha comunidade saudable. Estes serán Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Verónica Ledo e Natalia González, fundadoras de Educalecrín, e Manolo Cadramón, xefe de servizo de Deportes de Lugo na Xunta de Galicia.