A Torre da Homenaxe de Monforte iluminarase de vermello este 5 de maio

RibeiraSacraXa

O Concello de Monforte súmase este domingo día 5 de maio ós actos conmemorativos do Día Mundial da Hipertensión Pulmonar.

4 may 2024

O Concello de Monforte súmase este domingo día 5 de maio ós actos conmemorativos do Día Mundial da Hipertensión Pulmonar.

Para elo, como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que na noite do domingo 5 de maio procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor vermello.

O Día Mundial da Hipertensión Pulmonar é un evento anual mundial para crear conciencia da Hipertensión Pulmonar (HP), unha afección grave que afecta os pulmóns e o corazón.

Cada ano, o 5 de maio e durante todo o mes, as organizacións de Hipertensión Pulmonar de todo o mundo participan nas actividades do Día Mundial da HP para dar a coñecer esta enfermidade, co obxectivo de concienciar sobre a importancia de obter un diagnóstico precoz, atraer a atención mundial sobre a importancia de mellorar a calidade de vida e celebrar as vidas dos máis de 25 millóns de persoas que viven con HP no mundo.

A Hipertensión Arterial Pulmonar (HAP) é unha enfermidade rara, grave, progresiva, crónica e de manexo complicado, podendo ser diversos mecanismos fisiopatolóxicos, os que a desencadean. A HAP asóciase cun importante incremento do risco de morbi-mortalidade cardiovascular e deterioración da calidade de vida dos pacientes que a padecen, pois as persoas afectadas senten cansas, mareadas, con dificultade para respirar ou que experimenten outros síntomas.