Monforte acolle este venres unha nova actividade cultural a través do teatro

RibeiraSacraXa

Dentro da sua programación arredor do día das Letras Galegas, o Concello de Monforte ofrece este venres 10 de maio ás 20.

que din as rumorosas teatro Monforte
que din as rumorosas teatro Monforte
7 may 2024

Dentro da sua programación arredor do día das Letras Galegas, o Concello de Monforte ofrece este venres 10 de maio ás 20.15 horas e no Edificio Multiusos a posta en escena do espectáculo Indóciles, de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut.

Esta obra inclúese dentro do programa de dinamización do galego FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística en colaboración co Concello de Monforte de Lemos.

Neste espectáculo música, poesía e narración danse a man para achegar ao público a obra de Luísa Villalta no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Villalta foi unha autora comprometida e versátil, cun legado literario provocador e rebelde.

A proposta de Indóciles é tamén provocadora e rebelde, coa narradora oral Vero Rilo, a resitadora Nuria Vil e a música de Mónica de Nut. Indóciles é un proxecto multidisciplinar que achega ao público a obra de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde. Un espectáculo con narración, poesía e música con toda a forza da figura e obra dunha das máis interesantes poetas galegas.