Chapamama Crew é a oitava confirmación dos organizadores do Festival Tremeterra

SarriaXa

Os organizadores do Tremeterra Festival veñen de confirmar a oitava actuación do venres 30 de agosto no encoro de Vilasouto do Incio, que é Chapamama Crew.

Chapamama Crew
Chapamama Crew
10 may 2024

Os organizadores do Tremeterra Festival veñen de confirmar a oitava actuación do venres 30 de agosto no encoro de Vilasouto do Incio, que é Chapamama Crew.

Este colectivo de deejays multixénero nace no 2022 en Vigo de xeito case natural despois de varios anos compartindo festas, organizando eventos, e sempre co obxectivo de xerar cultura dende o respecto e o amor.

Coñécense compartindo eventos multidisciplinares ao redor do colectivo 85C onde comezan a impulsar e visibilizar xuntas o traballo de mulleres artistas. Dende aquela, as súas traxectorias se aproximan cada vez máis coa intención clara de seguir creando en colectividade ao puro estilo chapamámico.

Levan moitos anos nutríndose da escena reggae e dancehall, agradecendo os coñecementos e eventos partillados de figuras claves viguesas como Nahno Selectah, High Paw, Skank Fu Hi-fi,La Madriguera Roots e o Dub Yard.

As súas sesións caracterízanse por conter ritmos eclécticos que misturan hip hop, dancehall, reggae, dub, afrobeats e funk da favela. A riqueza das súas sesións defínese pola suma dos estilos individuais de cada unha das 4 integrantes: Lu Ko Ala, Nahgga, Nu Eva e Mumma Macka.