A SD Sarriana xogará o play-off de ascenso a segunda RFEF

SarriaXa

O equipo da SD Sarriana conseguiu clasificarse para xogar o play-off de ascenso a segunda RFEF despois de enfrontarse contra o Viveiro CF, que marcou un gol no partido celebrado este domingo na Ribela de Sarria.

Sarriana playoff (1)
Sarriana playoff (1)
6 may 2024

O equipo da SD Sarriana conseguiu clasificarse para xogar o play-off de ascenso a segunda RFEF despois de enfrontarse contra o Viveiro CF, que marcou un gol no partido celebrado este domingo na Ribela de Sarria.

Así, os sarriaos cumpren o obxectivo marcado para esta tempada, que era chegar a xogar o play-off para chegar a ascender a 2ª RFEF.

Os xogadores, equipo técnico e adestrador estaban pletóricos celebrando a noticia nun campo cheo de afeccionados que se achegaron a animar ao equipo.

Ascenso do Oural

Pola súa parte, o equipo do Oural de Sarria conseguiu o ascenso a Primeira Galicia despois de vencer ao equipo de Quiroga cun 4-0, clasificándose como campión de grupo. Desta maneira, os do Oural volven a pisar a Primeira liga de Galicia despois de 21 anos.