A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha viaxe a Toledo na ponte das Letras Galegas

SarriaXa

A Asociación de Mulleres de Paradela organiza unha viaxe a Toledo e Puy du Fou do 17 ao vindeiro 19 de maio.

Asociacion mulleres rurais Paradela
Asociacion mulleres rurais Paradela
3 may 2024

A Asociación de Mulleres de Paradela organiza unha viaxe a Toledo e Puy du Fou do 17 ao vindeiro 19 de maio.

Así, visitarán Toledo, participando nunha visita guiada á cidade para coñecer os seus monumentos medievais, árabes, xudeus e cristiáns na cidade antiga amurallada.

O día 18 desfrutarán do parque temático Puy du Fou, que ten temática histórica e inclúe espectáculos durante todo o día. Ademais, ese mesmo día as persoas participantes desfrutarán do espectáculo ‘El sueño de Toledo’.

Pola súa parte, o día 19 darán un paseo por Ocaña e emprenderase o camiño de volta a Paradela, que contará ademais con diversas paradas para o descanso.