Paradela organiza unha recollida de lixo que non pode ser depositado no contedor habitual

SarriaXa

Desde o Concello de Paradela informan de que o vindeiro día 26 de maio terá lugar unha recollida de útiles como colchóns, neveiras, lavadoras, televisores… que deberán ser depositados no contedor de uso habitual de cada veciño ou veciña.

Paradela municipio
Paradela municipio
9 may 2024

Desde o Concello de Paradela informan de que o vindeiro día 26 de maio terá lugar unha recollida de útiles como colchóns, neveiras, lavadoras, televisores… que deberán ser depositados no contedor de uso habitual de cada veciño ou veciña.

Así, indican que a iniciativa xorde co fin de dar solución ao problema que existe actualmente en cada un dos domicilios dos veciños ao desfacerse de obxectos que non son considerados residuos domésticos e que non poden ser depositados nos contedores de lixo habilitados nin poden ser recollidos polo camión habitual.

Así, as persoas que queiran depositar os obxectos deberán comunicalo previamente ao Concello, chamando ao 982 541 101 ou dirixíndose ás oficinas municipais e indicar o tipo de residuo que van depositar.