'Chibos Chibóns' é o terceiro capítulo do podcast 'Voces do Páramo' do alumnado do municipio

SarriaXa

Os nenos e nenas de 3º de Primaria do Ceip Plurilingüe do Páramo veñen de gravar o terceiro capítulo do seu podcast ‘Voces do Páramo.

Voces do Páramo Podcast (2)
Voces do Páramo Podcast (2)
6 may 2024

Os nenos e nenas de 3º de Primaria do Ceip Plurilingüe do Páramo veñen de gravar o terceiro capítulo do seu podcast ‘Voces do Páramo. A casa dos contos’, baixo o nome de Chibos Chibóns.

A través deste proxecto innovador, o alumnado e o promotor da iniciativa, o seu titor e profesor Antonio, traballa diferentes aspectos das materias de Lingua Galega e Matemáticas está a desenvolver con eles.

Neste caso, o terceiro capítulo trata de tres chibos que vivían no alto dunha montaña: o chibo chibón pequeno, o chibo chibón mediano e o chibo chibón grande. “Un día viron unha herba moi verde que crecía ao outro lado do río. Pero para chegar había que cruzar unha ponte e debaixo dela vivía un ogro terrible que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o chibo pequeno, o chibo mediano e o chibo grande tiveron que argallar a forma de burlar ao monstro. Unha historia que nos amosa que a intelixencia e o enxeño poden máis que a forza física...”, explican desde o podcast.

Cada capítulo do podcast grávase despois de que o alumnado de 3º de Primaria escolla un libro, logo ten que lelo e, despois de facer un resumo, elaboran un guión para locutalo cun micro e unha gravadora para logo subilo a Spotify.