Instalarase unha construción híbrida de parque eólico e parque solar en Friolfe, no Páramo

SarriaXa

O Páramo poderá contar cun parque solar despois de que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación outorgara a a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación solar foltovoltaica no parque eólico Serra do Páramo.

9 may 2024

Así, cunha hibridación das dúas construcións, o parque solar contará cunha potencia de 3.200 kv xa que se instalarán 5.700 paneis solares, pero a instalación poderá acadar os 23.200 kv, contando coa potencia do parque eólico.

Esta construción situarase en máis de seis hectáreas de terreo de seis leiras de particulares en Friolfe e custará uns 2,7 millóns de euros.