Organízanse unhas xornadas técnicas de apicultura en Samos

SarriaXa

O Concello de Samos acolle unhas xornadas técnicas de apicultura organizadas pola Asociación Galega de Apicultura este sábado, 11 de maio.

7 may 2024

O Concello de Samos acolle unhas xornadas técnicas de apicultura organizadas pola Asociación Galega de Apicultura este sábado, 11 de maio.

Así, a partir das 11.00 horas, no centro Multiusos do Concello de Samos, comezarán estas xornadas baixo o nome de ‘Convives ou combates’.

Os veciños e veciñas de Samos poderán participar desta iniciativa formativa sobre as abellas e vespas promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.