Estudan vías de colaboración para acometer melloras no campo de fútbol de Rábade

TerraChaXa | LugoXa

A petición do Goberno local van avaliar melloras nos vestiarios e presentarán un proxecto para o campo no que se estudará a posibilidade de adaptalo a herba artificial.

campo de futbol cuatro vientos rabade obras
campo de futbol cuatro vientos rabade obras
8 may 2024

A petición do Goberno local van avaliar melloras nos vestiarios e presentarán un proxecto para o campo no que se estudará a posibilidade de adaptalo a herba artificial.

O Goberno local do Concello de Rábade mantivo un encontro co delegado de Lugo da Federación Galega de Fútbol, Carlos Negrín, para estudar posibles vías de colaboración de cara a acometer melloras no campo de Cuatro Vientos.

Na xuntanza participou a alcaldesa, Reme González, e os concelleiros Luis Novo e Carlos González, así como o delegado e o arquitecto da Federación Galega de Fútbol. Todos eles visitaron o campo para coñecer o seu estado actual.

Na súa visita, os membros da Federación Galega de Fútbol comprometéronse a avaliar posibles axudas da entidade para a construción das obras de mellora dos novos vestiarios, así como do propio terreo de xogo, unha actuación que se intentará acometer antes de que rematen as obras do peche das gradas, das que se encarga a Deputación Provincial.

Novas posibilidades para o campo

Desde a Federación Galega de Fútbol van presentar un proxecto para o campo Cuatro Vientos no que se estudará ademais a posibilidade de adaptalo a herba artificial para poder ter campos de fútbol de categorías inferiores ante a escaseza de espazos para xogar competicións destas características na Comarca de Lugo.

O Goberno local do Concello de Rábade agradece a boa disposición da Federación Galega de Fútbol para poder acometer estas melloras “necesarias para garantir a as competicións nas mellores condicións”.