Tomé supervisa a incorporación dun novo vehículo ao parque de bombeiros de Vilalba

TerraChaXa

O presidente da Deputación de Lugo e presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Tomé Roca, supervisou este martes xunto coa alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e os deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, un novo vehículo de altura que se incorporou hoxe ao Parque Comarcal de Bombeiros vilalbés grazas a un investimento de preto dun millón de euros.

parque de bombeiros vilalba
parque de bombeiros vilalba
8 may 2024

O presidente da Deputación de Lugo e presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Tomé Roca, supervisou este martes xunto coa alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e os deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, un novo vehículo de altura que se incorporou hoxe ao Parque Comarcal de Bombeiros vilalbés grazas a un investimento de preto dun millón de euros.

José Tomé salientou que esta incorporación contribúe “a fortalecer a capacidade de resposta e a mellorar polo tanto a seguridade dos veciños e veciñas”. Detallou o mandatario provincial que o novo vehículo é unha “adquisición para dar unha mellor resposta ás intervencións de rescate en altura e situacións de difícil acceso porque lle permitirá aos efectivos unha maior capacidade operativa e unha resposta máis eficiente en situacións de emerxencia”.

O vehículo ten unha autoescaleira xiratoria automática co último tramo articulado de 30 metros, “que é moi versátil porque permite labores de acceso, salvamento e rescate en espazos aéreos ou altura, como na extinción de incendios en lugares elevados ou auxilio de persoas en inmobles”.

Con esta nova incorporación, o Parque Móbil do Consorcio conta con 28 vehículos. Cada un dos seis parques de bombeiros da entidade dispón neste momento de 3 camións (unha bomba urbana lixeira, unha bomba nodriza pesada e un vehículo de altura). Cada un deles é necesario para dar resposta ás posibles situacións que teñan que afrontar os bombeiros nas súas intervencións.

O Consorcio

O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, cunha participación do 50% de cada institución, e inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro.