O sur da provincia domina a Copa Deputación

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa

Aproveitando a xornada festiva, tivo lugar a fase de cuartos da Copa Deputación de fútbol para as categorías Preferente e Primeira, por unha banda, e Segunda e Terceira pola outra.

becerrea copa deputacion
becerrea copa deputacion
2 may 2024

Aproveitando a xornada festiva, tivo lugar a fase de cuartos da Copa Deputación de fútbol para as categorías Preferente e Primeira, por unha banda, e Segunda e Terceira pola outra.

No grupo grupo os dous equipos chantadinos, o SD Chantada e o Chantada Atlético, pasaron moi axustados o filtro ante dous equipos de categoría superior, o Lemos (2-1) e o Ribadeo (3-2), respectivamente. Os dous gañadores enfrontaranse entre eles na seguinte sesión.

Ademais, o Escairón venceu tamén cun 1-2 ao Santaballés e o Foz foi superior ao Milagrosa (2-0) e tamén estará nas semifinais, que terán lugar o día 26 deste mes, cando remate a Liga.

No grupo de Segunda e Terceira, que tamén xogaron a fase de cuartos, caeron os dous equipos que Terceira que sobreviviran ata o de agora. O Piringalla foi derrotado polo Candelaria na quenda de penaltis, despois de acabar 1-1. O Rubián, pola súa conta, caeu ante o Friol 1-3.

Ademais clasificaron dos dous equipos situados na parte alta das súas respectivas táboas de Liga, o Iberia, que superou amplamente á Comercial, por 5-1; e o Becerreá, que pasou por riba do Antas cun axustado 2-1. A seguinte sesión será Iberia-Candelaria e Becerreá-Friol.

Neste caso as semifinais serán a primeira fin de semana de xuño, xa que antes se xogarán os play off de Segunda.